Arroupa abre en Carballo a súa quinta tenda de reciclado téxtil

  • Presidiu os actos o arcebispo de Santiago, mons. Franscisco Prieto.

O material trabállase cun proxecto de segunda oportunidade

A entrada en funcionamento da tenda de Arroupa en Carballo, que é a número cinco a nivel diocesano, marcou un novo fito no proceso que leva a cabo no programa de inserción laboral de persoas vulnerables. As instalacións foron bendicidas polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, que presidiu os actos de inauguración da nova tenda situada en Praza de Galicia,1.

O párroco e consiliario de Cáritas na localidade, José García Gondar, destacou a importancia da entrada en funcionamento da empresa e insistiu  no labor que leva a cabo Cáritas na zona de influencia sinalando que  son máis de seis décadas  axudando aos máis necesitados. Pola súa banda o alcalde Carballo, Evencio Ferrero Rodríguez mencionou a solidariedade que fomenta a entidade  indicando que  esta agora pódese aumentar a través da tenda.

Marta Maríño Regueiro, directora xeral de Traballo Autónomo e Economía Social da Xunta de Galicia fixo fincapé en que Cáritas pon a persoa  no centro das súas actuacións. A  directora de Cáritas Pilar Farjas Abadía referiuse ao labor de acompañamento que leva a cabo con persoas vulnerables que desenvolven o seu traballo en Arroupa e que volven ter  posibilidades de incorporación ao mercado laboral, subliñando que desde a institución trabállase polo emprego. Pechou o acto o arcebispo de Santiago, monseñor Prieto Fernández, que falou da importancia de potenciar empresas destas características para xerar emprego entre as  persoas en especial situación de vulnerabilidade. Sinalando que é necesario seguir traballando pola solidariedade das persoas que o necesitan.

Con las personas vulnerables

A tenda de Carballo que se monta en colaboración coa cooperativa Moda re, dispón de 111 metros cadrados en os  que se dá saía ao material téxtil en base ao proxecto dunha nova vida para a roupa de  segunda  oportunidade e coa finalidade de xerar emprego para persoas nunha especial situación de vulnerabilidade. Arroupa é unha empresa de inserción laboral en materia de reutilización téxtil, que entrou en funcionamento no ano 2015.Ofrece os servizos de recollida de téxtil e complementos, clasificación e venda ao público en cinco tendas propias  situadas en Santiago, A Coruña, Arteixo e Pontevedra, ás que agora se une a de Carballo. O prezo medio da roupa que se vende nas tendas é de 4,6 euros.

Actualmente no cadro de persoal mantén un cómputo anual do 83% de persoas contratadas seguindo un itinerario de inserción sociolaboral. Conta con 218 contedores distribuídos na diocese  que no exercicio pasado tratou 1.400 toneladas de material e téxtil e foron entregadas máis de 11.000 de pezas de roupa  de forma solidaria.
A iniciativa  naceu ao amparo da Fundación CADISAN que está recoñecida pola Xunta de Galicia como Fundación de Interese Galego, que nace a través de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. Entre as súas funcións destaca a de promover empresas de inserción laboral como ferramenta de inclusión e loita contra a exclusión social.
Previous articleSantiago acolle a reunión das seccións de mocidade das Conferencias Episcopais europeas
Next articleCelebración diocesana | Xornada Mundial do Migrante e do Refuxiado