O arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio presidiu este sábado a Eucaristía na Igrexa Española de Santiago e Montserrat, la última das celebracións da Visita ad limina dos bispos da Provincia eclesiástica de Santiago, Oviedo, Burgos, Pamplona e Tudela e Zaragoza.
Tras esta celebración, todos os bispos desprazáronse, despois do almorzo no Convictorio Eclesiástico da Igrexa Rectoral, á Secretaría de Estado.
Durante esta sesión de traballo o arcebispo de Santiago recordou que no Seo da Comunidade internacional a Santa Sé é a voz da conciencia para afrontar entre os Estados retos solidarios no momento actual.
Tamén recordou ante Mons. Pietro Parolin, Secretario de Estado que vivir o noso compromiso cristián axudaranos por coherencia evanxélica, a asumir con tanta dignidade como fidelidade a contemporaneidade e a xerar un ámbito cultural que non peche os seus ollos á luz da fe no medio de tanta sospeita e desconfianza.
A Secretaría de Estado é o Dicasterio da Curia Romana que colabora máis de cerca co Papa no exercicio da súa suprema misión, coordina a actividade dos demais dicasterios e asegura a súa unidade de dirección.
Foi, sen dúbida, unha semana intensa na que os bispos mantiveron reunións de traballo tamén reunións nos dicasterios da Curia Romana para os Bispos, Doutrina da Fe, Clero, Institutos de Vida Consagrada, Educación Católica, Culto Divino, Laicos, Nova Evanxelización, Familia e Vida, Promoción para o Desenvolvemento Humano Integral, Comunicación e a Secretaría de Estado. Os prelados tamén han ter oportunidade de visitar diversos organismos vaticanos.
Coa Visita se visibiliza a unidade e a comuñón dos sucesores dos Apóstolos co Sucesor de san Pedro e das Igrexas locais coa Igrexa primada de Roma. Deste xeito, a Visita ad imina é unha ocasión para a comuñón eclesial, a colegialidad episcopal e a caridade fraterna entre os Pastores e o Papa.













