Este luns, 20 de decembro, o arzobispo, monseñor Julián Barrio, realizou a súa acostumada visita aos nenos ingresados na área de Pediatría do Hospital Clínico Universitario de Santiago. O encontro constitúe, practicamente, unha cita obrigada para o arzobispo Barrio nos días previos á celebración do Nacemento do Fillo de Deus. O arzobispo falou cos nenos internados, as súas familias e estivo acompañado por persoal médico e de Enfermería.
Na mesma xornada, o titular da Arquidiócese visitará pola tarde, en Santago, o Cottolengo do Padre Alegre, outro encontro que xa é habitual nestas datas próximas ao Nadal.






