O día 11 de abril o Equipo da HOAC da Diocese de Santiago recibiu a visita da Comisión Permanente, en concreto a presidenta, Maru Megina e a responsable de compromiso e relacións internacionais, Mª del Mar González.
Estas visitas supoñen momentos de encontro, diálogo, acompañamento e comuñón entre esa Comisión Permanente, as Comisións Diocesanas, Equipos de militantes e bispos.
Durante a mañá do pasado venres, as dúas persoas da Comisión Permanente foron entrevistadas na COPE de Santiago. A continuación tivo lugar un encontro co Arcebispo, Mons. Francisco J. Prieto, co que dialogaron, entre outras actividades, sobre a campaña actual que ten como lema “Coidar o traballo, coidar a vida”.
Pola tarde, houbo unha reunión cos membros do Equipo de militantes da Diocese na que se puxeron en común ideas, experiencias, sentimentos, aspectos a destacar e a mellorar para fortalecer a vida como equipo e membros da HOAC.
Foi unha xornada gratificante e enriquecedora que axudou a sentirnos máis unidos e en comuñón con todas as demais persoas que forman a HOAC, co mundo obreiro e con toda a Igrexa.