Esta semana, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Franscisco Prieto, recibiu a mons. Diamantino Antunes, bispo de Tete, Mozambique, e a Caetano Chenel Ria, mestre de Educación Infantil e voluntario en misións en Mozambique.
Mons. Diamantino, natural de Portugal, comezou o seu labor misioneiro en Mozambique, na zona de Maúa, no norte do país, en 1992, antes de ser ordenado sacerdote. O seu nomeamento como bispo fíxose público un 22 de marzo e ten un especial significado para este misioneiro porque foi precisamente nesa data, cando tivo lugar o martirio dos catequistas de Guiúa, en 1992. A súa causa de beatificación levouna como postulador o padre Diamantino estes anos.
Palabras de Caetano Chenel Ria: