Reunión en Compostela dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago

O arcebispado de Santiago acolleu este mércores, día 30 de marzo, unha nova reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago. O encontro foi presidido polo arcebispo, monseñor Julián Barrio Barrio.

Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; o bispo de Ourense, monseñor José Leonardo Lemos Montanet; o bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Fernando García Cadiñanos; así como o bispo auxiliar de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández.

No encontro, que estivo presente o secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto, tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas.

Previous articleMons. Julián Barrio participou nun encontro coas familias
Next articleMañá, xoves, comeza o “Encontro de Empresarios Católicos. Ano Santo 21-22”