• Posibilidade de conseguir a Indulxencia xubilar
Igrexa celebrará o vindeiro domingo 27 de xullo a Quinta Xornada Mundial dos Avós e dos Maiores. Unha celebración instaurada polo papa Francisco en 2021 cada cuarto domingo do mes de xullo, ao redor da festa dos santos Xoaquín e Ana, avós de Xesús. Este ano baixo o lema Feliz o que non ve desvanecerse a súa esperanza.
Na súa primeira mensaxe con motivo desta festa o papa León XIV convídanos a recoñecer os anciáns como destinatarios da atención pastoral e tamén como testemuñas da esperanza xa que, de maneira activa, son protagonistas da vida eclesial.
Para facilitar a participación do pobo crente, o pontífice decidiu que quen non poidan peregrinar a Roma este ano poderán conseguir a Indulxencia xubilar cando se visita por un tempo os anciáns en soidade ou se se realiza unha obra de caridade ou peregrinación onde eles estean presentes.

MENSAXE DO PAPA PARA A V XORNADA DOS AVÓS E OS MAIORES

ORACIÓN PARA A V XORNADA DOS MAIORES

 

Previous articleComunicado
Next articleO arcebispo de Santiago visita os sacerdotes maiores e invítaos a vivir a fraternidad como don e tarefa