Proclamación oficial en Roma do Manifesto da mocidade cristiá de Europa

Hoxe, 1 de agosto, tivo lugar a proclamación oficial do Manifesto da Mocidade cristiá de Europa, ás 11.00h, na Basílica de Santa María en Trastevere(Roma), no marco do Xubileu da Mocidade, que se está desenvolvendo do 28 de xullo ao 3 de agosto. Un texto que é o resultado dun amplo proceso de participación xuvenil a nivel internacional e que se integra no proyecto «Roma 25 – Santiago 27 – Xerusalén 33».

   MANIFIESTO DA MOCIDADE CRISTIÁ DE EUROPA 

Este acto na igrexa de Santa María en Trastevere tivo dous momentos importantes:

  • Ás 10:40: un momento de Oración pola Paz.
  • Ás 11:00: lectura do Manifesto da Mocidade cristiá de Europa.

Os propios mozos/as -de quince delegacións de toda Europa- foron os protagonistas da proclamación do Manifesto, que foi recibido por Mons. Rino Fisichella, pro-prefecto do Dicasterio para a Evanxelización e responsable do Xubileu 2025.

Posteriormente, Mons. Fisichella, dirixíndose á mocidade, afirmou «que cando se convocou este xubileu, o Papa pediunos que miremos ao ano 2033: Ano da Redención. E ten unha estancia intermedia en Santiago en 2027 ano xubilar. Transmito o saúdo do Papa León, que con entusiasmo acolle esta mensaxe que vós mandades aos vosos coetáneos e a tantos millóns de mozos esparexidos por todo o mundo. El confía unha nova misión anunciar que Xesús resucitou, que a través do misterio do amor e a resurrección, El é o Señor da vosa vida».

«Roma 25 – Santiago 27 – Xerusalén 33»

A iniciativa, xurdida da Conferencia Episcopal Española, conta co apoio de numerosas Conferencias Episcopais, dioceses, parroquias e movementos eclesiais de toda Europa. O proxecto inscríbes no camiño pastoral e evanxelizador promovido polo Dicasterio para a Evanxelización como preparación ao Xubileu da Redención do ano 2033.

A proposta «Roma 25 – Santiago 27 – Xerusalén 33» é unha iniciativa inédita impulsada por mozos cristiáns de todo o continente que, en plena conta atrás cara ao Xubileu da Redención de 2033, quere abrir un camiño de fe e esperanza para unha nova xeración europea.

Un proxecto sobre tres propostas de vida cristiá

Peregrinación – A beleza do seguimento (Xn 1, 39): Camiñamos para descubrir que seguir a Cristo é fermoso, desafiante e transformador. Redescubrimos os santuarios, a arte e o patrimonio cristián como lugares vivos onde Deus sae ao encontro.

Evangelización – A verdade fainos libres (Xn 8, 32):
Queremos anunciar con coherencia e creatividade o Evanxeo, abrindo espazos de acollida e sentido no medio dunha Europa que esqueceu a súa raíz.
Sanación – O amor sálvanos (Lc 19, 19):
Moitos camiñamos feridos. Esta peregrinación é tamén un camiño de sanación, onde Cristo ofrece redención, misericordia e unha nova oportunidade

 

Previous articleSigue en directo o Encontro de españois e a Eucaristía no Xubileu da mocidade
Next articleA mocidade diocesa chega a Roma e únese a miles de españois nunha histórica Eucaristía na Praza de San Pedro