Primeiro aniversario de Monseñor Francisco Prieto como Arcebispo na Igrexa Compostelá

A Arquidiocese de Santiago celebra o primeiro aniversario de Monseñor Francisco José Prieto como Arcebispo na Igrexa Compostelá.

Un grupo representativo da Diocese quíxolle agradecer o seu labor e tamén trasladarlles a súa realidade no día a día para así, compartir reflexións con Mons. Prieto: laicos, mocidade, representantes de Cáritas, da Vida Consagrada, un parella a punto de converterse en matrimonio, un futuro sacerdote ou quen coñece de primeira man a realidade de tantos e tantos peregrinos que chegan, ademais dunha muller preocupada e involucrada en novas formas de evangelización.

Todos sentaron para conversar e dar mostra das distintas realidades que conforman o mosaico que é a Diocese de Santiago. Pezas do presente que tamén forman á Igrexa que vén.

Recibiron respostas as súas inquietudes por parte do arcebispo e quixeron conmemorar este primeiro ano de Monseñor Francisco Prieto á fronte da Igrexa de Santiago.

Felicidades, Don Francisco!

 

Previous articleMons. Francisco Prieto: "Non hai vida sen Eucaristía, pero non hai Eucaristía sen vida”
Next articleVÍDEO | Corpus Christi en Santiago de Compostela