O Xubileu da Esperanza, cuxo epicentro é a cidade de Roma, é un acontecemento que abarca a toda a Igrexa e que busca tamén plasmarse en iniciativas e celebracións propias de cada Igrexa local.
Con todo, tamén como diocese, peregrinaremos a Roma na última semana do mes de agosto.
Xa é posible inscribirse para a viaxe, que ten prazas e data de inscrición limitadas. Por iso animamos a todos os interesados a anotarse canto antes a través da ligazón e o formulario que xa están habilitados desde o día de hoxe. Aí poderemos atopar algunha información máis detallada.
https://jubileo25.archicompostela.es/peregrinacion-diocesana/