O Cabido da Colexiata de A Coruña visita a catedral con motivo da festa da Dedicación

Membros do Cabido da Real e Ilustre Colexiata de Santa María do Campo da Coruña foron recibidos esta mañá polo Cabido da Catedral de Santiago, como momento previo á súa participación na celebración solemne da Dedicación da Catedral, que conmemora a consagración do templo compostelán, que tivo lugar un 21 de abril de 1211, nunha cerimonia presidida polo Arcebispo Pedro Muñiz, en presenza do rei Alfonso IX.
A celebración litúrxica estivo presidida polo Deán da Catedral, Don Manuel Jesús Formoso, e nela participaron os membros do cabido colexial coruñés, co seu Abade, Don Severino Suárez, e os membros do cabido catedral. Tratouse dun momento insólito, do que non se ten constancia nos últimos tempos, que pretende subliñar a comuñón e amizade entre ambos os organismos colexiados, pertencentes á mesma arquidiocese.
Previous articleFesta do Acies de Lexión de María, na Parroquia de San Fernando
Next articleA Diocese de Santiago desconvoca a peregrinación a Terra Santa prevista para o verán de 2026