O arcebispo de Santiago renova a invitación ao Papa a visitar a cidade do Apóstolo

No marco do Xubileu dos Catequistas, que estes días congrega a miles de participantes en Roma, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández, acompaña á delegación diocesana.
Durante a audiencia deste sábado, o prelado compostelán tivo ocasión de saudar persoalmente ao Papa León XIV. Nese encontro, mons. Prieto Fernández reiteroulle a invitación para visitar a cidade do Apóstolo.
Non se trata dun anuncio nin dun compromiso de axenda, pero si dunha mostra do desexo da Igrexa compostelá de acoller o sucesor de Pedro. A invitación, repetida en cada encontro, mantén viva a ilusión de que algún día o Papa poida camiñar ata a tumba do Apóstolo, como fixeron millóns de peregrinos ao longo dos séculos.
Previous articleRoma acolle os catequistas da Diocese de Santiago no seu Xubileu
Next articleSegundo día da peregrinación: encontro co Papa e envío á misión