O arcebispo de Santiago preside unha Eucaristía na parroquia castrense de Santo Andrés, en A Coruña

O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidiu este luns, ás 19:00 horas, unha Eucaristía na parroquia castrense de Santo Andrés, na Coruña.
Xunto ao arcebispo concelebraron o vigairo territorial da Coruña, Severino Suárez Blanco, e varios sacerdotes da cidade herculina, nunha celebración que reuniu tamén a autoridades militares e a numerosos fieis.
Durante a homilía, o arcebispo expresou a súa gratitude pola vivencia do Ano Xubilar, cuxa clausura tivo lugar onte na Catedral de Santiago, subliñando a importancia deste tempo de graza para a Igrexa diocesana. Monseñor Prieto Fernández agradeceu a fidelidade e o compromiso dos fregueses da Parroquia Castrense, destacando o seu papel activo na vida pastoral e na transmisión da fe.
No contexto do tempo de Nadal, o prelado animounos a acoller a mensaxe de esperanza e paz que trae o nacemento de Neno Xesús e a seguir sendo, desde a súa vocación e servizo, signos de fe, fraternidade e compromiso cristián na sociedade.

Previous articleRetiro Diocesano de Nadal
Next articleO arcebispo de Santiago chama á esperanza e ao compromiso polo ben común na Festa da Translación do Apóstol