Hoxe venres, nas oficinas de la Curia diocesana, o Arcebispado de Santiago de Compostela e os Carmelitas Descalzos subscribiron un convenio de alugamento sobre a leira e o edificio que a Orde posúe na cidade da Coruña.
Desta forma, a Diocese pretende continuar o labor pastoral da Igrexa na barriada de O Montiño, unha vez que se produciu o traslado definitivo dos dous frades que atendían a Parroquia de Santa Tareixa ata hai uns meses.
Subscribiron o acordo o ecónomo diocesano, D. Fernando Barros, e o Administrador Provincial dos Carmelitas Descalzos, D. Francisco Berbell Samblás. A súa duración será de cinco anos a partir da súa firma.












