Felicitación de Nadal de Mons. Francisco José Prieto Fernández, Arzobispo de Santiago de Compostela

Nunha mensaxe #do Nadal, desde o Pórtico da Gloria na Catedral de Santiago, o Arcebispo de Santiago, Mons. Francisco José Prieto Fernández, lembrou as palabras de Dante, mencionando que desde o Pórtico da Gloria “resoa a esperanza”.

Subliñou que a historia da salvación descrita neste Pórtico é tamén unha historia de esperanza, onde a plenitude de Cristo en maxestade, ofrécese como unha figura de misericordia.

Ademais, Mons. Prieto expresou a súa solidariedade cos damnificados pola Dina e outras situacións de conflito e violencia no mundo. “Non esquezamos a aqueles cuxas esperanzas se teñen ensombrecido… sigamos lembrándoos cun compromiso solidario,  efectivo”.

O arcebispo destacou a importancia do próximo Ano Xubilar, denominado como o “Xubileu da Esperanza”: “Que a luz da esperanza habite nos vosos corazóns… cada Nadal é sempre renovar esa ledicia, ese gozo dun Deus que segue crendo en cada home e muller.” E convidou a todos a vivir o camiño do Señor, destacando a necesidade de disipar as sombras e permitir que a “luz da esperanza ilumine nosas vidas”.

Finalmente, desexou que a celebración do Nadal sexa un tempo de gozo e fraternidade, alentando a todos a abrir os seus corazóns e estender as súas mans aos demais: “Deséxovos de corazón que a celebración do Nadal en familia, en parroquia, sexa a celebración daquel que vén, daquel que o Pai nos dá unha vez máis”.

 

Previous articleEncontro de Mons. Francisco Prieto cos Medios de Comunicación Social
Next articleMisa do Galo na Catedral de Santiago de Compostela