O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu hoxe a Eucaristía na Igrexa dos Dominicos na Coruña, con motivo da festa da nosa Señora do Rosario, acompañado por un grupo numeroso de sacerdotes das parroquias da cidade herculina.
Unha cerimonia que contou coa presenza da alcaldesa, Inés Rey, na que o conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, realizou a ofrenda ante a Virxe do Rosario. A celebración contou tamén coa presenza da delegada territorial da Xunta na Coruña, Belén do Campo, da directora xeral de Movilidad, Judit Fontela, entre outras autoridades civís.







