Mons. Julián Barrio preside a Eucaristía na Basílica Pontificia de san Pedro

O arcebispo compostelán, monseñor Julián Barrio, presidiu este luns a Eucaristía no Altar da Tumba de san Pedro, unha celebración que marca o inicio da Visita ad limina dos bispos da Provincia eclesiástica de Santiago, Oviedo, Burgos, Pamplona e Tudela e Zaragoza.

Na súa homilía, o arzobispo dixo que “xunto á tumba do apóstolo Pedro nestes tempos novos para a Igrexa, non podemos resignarnos a padecelos pasiva ou angustiadamente, senón que habemos de vivilos coa alegría da fidelidade, liberados do medo e da tristeza”.

Mons. Barrio indicou ademais que, “Cristo quixo servirse de homes, non de anxos, para levar adiante a súa Igrexa. Homes cos seus impulsos, debilidades e temores, que necesitan que a comunidade rece por eles como cando Pedro estaba no cárcere. Hoxe é o cárcere da hostilidade e da crítica aceda que nada ten que ver coa liberdade e a parresía cristiá en relación coa autoridade”.

O arcebispo recordou que o sentimento do descoñecido está xerando incerteza ante o futuro e afectando a certezas que parecían consolidadas, polo que é necesario volver ás raíces e que o home desorientado necesita razóns verdadeiras para seguir esperando.

O arcebispo compostelán engadiu: “O noso mañá reflectirá a esperanza do hoxe para poder dicir: “Ti es Cristo, o Fillo de Deus vivo”. Encomendámonos ao Apóstolo Pedro pedíndolle que confirme a fe en nós, os seus irmáns”.

Programa

Tras esta celebración, todos os bispos irán completando sesións de traballo e encontros nas distintas congregaciones vaticanas, con celebracións eucarísticas en cada unha das basílicas pontificias de Roma, ademais da capela do Colexio Español e a Igrexa reitoral de Santa María in Monserrato dos Españois.

O arcebispo de Santiago participará mañá como interlocutor na Congregación para os Bispos, o mércores no Dicasterio para o Servizo do Desenvolvemento Humano Integral e na Congregación para o Clero e o sábado na Secretaría de Estado, na Sección de Relacións cos Estados.

O momento central desta visita ad limina terá lugar este xoves, día 16 a partir das 10:30 horas coa audiencia que o Papa Francisco ofrecerá aos bispos participantes no Palacio Apostólico.

 

 

 

 

 

 

 

 

Previous articleD. Julián Barrio encabeza a Delegación dos obispos da Provincia eclesiástica de Santiago na Visita ad limina
Next articleBoletín oficial de Octubre (2021)