- Mons. Francisco Prieto destacou que cando se fala de patrimonio, fálase dunha canle común, sen imposicións e amosando as referencias a crentes e non crentes.
O arcebispo de Santiago de Compostela e presidente da subcomisión episcopal para o patrimonio cultural, Mons. Prieto Fernández, está a participar desde onte na XLII edición das Xornadas Nacionais de Patrimonio Cultural da Igrexa, en Bilbao
A inauguración tivo lugar no paraninfo da Universidade de Deusto coa participación do reitor da Universidade, Juan José Etxeberria; o bispo de Bilbao, mons. Joseba Segura; o alcalde da capital, Juan María Aburto; a deputada de cultura, Lexuri Arrizabalaga e o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto.
Alberto Santana, xefe de servizo de Patrimonio Cultural da Deputación Foral de Bizkaia, ofreceu o relatorio inaugural. O director do secretariado da subcomisión episcopal para o patrimonio cultural da Conferencia Episcopal, Pablo Delclaux, agradeceu ás institucións presentes a hospitalidade ofrecida e debullou o programa completo das Xornadas, as cales proseguen hoxe no Colexio Maior da Universidade de Deusto. O primeiro día finalizou coa recepción ofrecida polo consistorio bilbaíno encabezada pola tenente alcalde, Amaia Arregi.
📌”Cuando hablamos de patrimonio hablamos de un cauce común, sin imposiciones y mostrando nuestras referencias a creyentes y no creyentes” Obispo @diocsantiago pic.twitter.com/vCPgTtqnrh
— Bilboko Elizbarrutia (@DiocesisBilbao) June 25, 2024