Inicio do ministerio pastoral en Santo Estevo de Tremoedo, Santa María de Caleiro e Santo Adrián de Vilarilo

O sacerdote Rubén Diéguez Gutiérrez iniciou o seu ministerio pastoral como párroco de Santo Estevo de Tremoedo, Santa María de Caleiro e Santo Adrián de Vilarilo, no Arciprestado do Salnés.

Na mañá de hoxe domingo, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presentou ao novo sacerdote que pastoreará estas comunidades nunha Eucaristía, celebrada en Santo Estevo de Tremoedo. Xa pola tarde, mons. Prieto presidiu a Eucaristía en Santa Maria de Caleiro. Estivo acompañado polo Vigairo territorial de Pontevedra, o párroco emérito, outros sacerdotes así como de fregueses vindos de varias parroquias.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Previous articleConfirmacions en Santa María de Simes , Meaño
Next articleDECRETO polo que se modifica os artigos 5 e 13 dos Estatutos do Consello de Asuntos Económicos