Inicio do ministerio pastoral en Santa Comba

O sacerdote Javier Carballo Mouzo iniciou o seu ministerio pastoral como párroco de San Pedro de Santa Comba; Santa María de Alón; San Pedro de Cícere e a súa unidao, San Xoán de Grixoa; Santo André de A Pereira; e San Xulián de Santa Sabiña, no Arciprestado de Céltigos e Entíns, e termo municipal de Santa Comba (A Coruña).

Na tarde de hoxe sábado, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presentou o novo sacerdote que pastoreará estas comunidades nunha Eucaristía, celebrada na Parroquia de San Pedro de Santa Comba.

Previous articleNomeamento de arciprestes e vicearciprestes da Arquidiocese de Santiago de Compostela
Next articleConfirmacións en Santa María de Leiro