Ignacio José Delgado ordenado diácono permanente

Ignacio José Delgado ordenado diácono permanente

Hoxe martes, 26 de decembro, festividade de Santo Estevo -primeiro mártir cristián que precisamente era diácono-, a Igrexa Parroquial de Nª. Sra. das Areas de Fisterra acolleu a Eucaristía de ordenación dun novo diácono permanente ao servizo da Igrexa que peregrina en Santiago de Compostela. Trátase de Ignacio J. Delgado Izarra, que foi ordenado mediante a imposición de mans e a oración consecratoria do pastor diocesano, mons. Francisco José Prieto Fernández. A cerimonia comezou ás 17:00 horas e, nela, Ignacio Delgado selou un compromiso que o unirá para sempre á vida litúrxica, pastoral e caritativa da Diocese de Santiago.

O termo diácono etimológicamente provén da palabra grega “διακονία”, “diaconía”, que significa servizo. É dicir, que o diácono, unha vez que é ordenado, o seu principal labor é estar ao servizo da Igrexa, en concreto ao servizo dos outros dous graos do sacramento da orde sacerdotal: a orde episcopal (os Bispos) e a orde do presbiterado (os sacerdotes ou prebísteros).

Neste sentido, o diácono permanente é un home comprometido coa comunidade e coa Santa Igrexa católica, misericordioso e respectuoso podendo estar casado ou solteiro. Ignacio Delgado está casado con Teresa e pai de tres fillos: Clara, Ignacio e Juan.

Co Arcebispo, a súa muller, os seus fillos e os delegados diocesanos para a Familia e a Vida…
Previous articleMons. Francisco José Prieto: “A Igrexa debe respirar coa rapidez dos tempos, pero sen responder ás modas”
Next articleA Igrexa Diocesana de Santiago de Compostela aumenta nun 40% a inversión en accións pastorais