Funeral en Oíns de Don Antonio Suárez Carneiro, cóengo emérito da Catedral de Santiago

Na Parroquia Santo Cosme de Oíns celebrouse  a misa Funeral por quen foi Cóengo Emerito e fillo desta Parroquia Don Antonio Suárez carneiro, a Santa Misa foi presidida por Don Jesús Formoso Fernández Dean da Catedral de Santiago, acompañado o vigairo de Santiago, o arcipreste de Ferreiros e Sobrado, os administradores Parroquiais Don Jhonny Delgado e Don Randall Pinto alén dun bo número de Sacerdotes, e unha nutrida participación da Vila de Deus.
Na súa homilía Don Jesús Formoso afirmou que «a vida de don Antonio foi un cantar eternamente as misericordias do Señor» ademais que resaltou que don Antonio» foi un pastor fiel e adnegado que dedicou a súa vida e o seu ministerio en aras dos máis necesitados e que a través da súa voz moitos coñeceron ao Señor, e que coa súa voz fixo da liturxia harmonía que se elevou ao ceo como incenso».
Finalizada a Eucaristía agradeceuse aos fieis da Parroquia , á familia e aos administradores Parroquiais por este recordo e memoria agradecida para aquel que se configuro con Xesucristo o Bo Pastor.
Previous articleCáritas Diocesana inaugura na Coruña a nova tenda Arroupa e reforza a súa proposta pola economía social e a inserción laboral
Next articleA Arquidiocese de Santiago incorpora un novo sacerdote coa ordenación de Enrique Malvar Blanco na Catedral compostelá