Festa de Nosa Señora de Fátima

Santiago de Compostela celebrou este martes, 13 de maio, a festividade da nosa Señora de Fátima cunha misa solemne na Capela Xeral de Ánimas, á que asistiron numerosos fieis.

A eucaristía foi presidida polo Arcebispo de Santiago, Monseñor Francisco José Prieto Fernández, quen destacou na súa homilía a mensaxe de paz e oración transmitido pola Virxe en Fátima.

Tras a misa, a imaxe da Virxe foi levada en procesión polo centro histórico da cidade, percorrendo as rúas Casas Reais, Praza de Cervantes, Acibechería, San Paio de Antealtares, Praciña Feixoo, Preguntoiro, San Bieito e Travesa, ata regresar á capela.

A procesión, na que participaron numerosos fieis, desenvolveuse nun ambiente de recollemento e devoción, entre rezos, cánticos e ofrendas. Trátase dunha tradición moi arraigada en Santiago, que cada 13 de maio reúne aos devotos para render homenaxe á Virxe de Fátima.

Previous articleII Encontro de Familias en Noia
Next articleDIRECTO | Memoria de actividades IGREXA EN GALICIA