Fátima Romar Vázquez, nomeada secretaria persoal do Arcebispo de Santiago

O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, nomeou a Fátima Romar Vázquez, como a súa nova secretaria persoal, co encargo de atender a axenda e as tarefas que competen á súa secretaría persoal.

Fátima Romar é Diplomada en Traballo Social (Universidade de Santiago), Licenciada en Ciencias Relixiosas (ITC) e Máster Universitario en Xerontoloxía (Universidade de Santiago). Foi Profesora de Relixión Católica en Secundaria e Bacharelato (Colexio San Paio – Emma, Colexio Junior´s e Colexio Compañía de María, de Santiago de Compostela) e na actualidade, Traballadora Social nos Servizos Xerais Cáritas Diocesana de Santiago. No ámbito pastoral, destacar o seu labor como catequista nas parroquias de San Antonio de Fontiñas e San Benito do Campo.

Previous articleDONA FÁTIMA ROMAR VÁZQUEZ, secretaría persoal do Excmo. Sr. Arzobispo de Santiago de Compostela.
Next articleVisita de mons. Francisco Prieto ao CPR A Milagrosa de Santiago