Exercicios Espirituais para segrares en Sobrado

Con este ritmo frenético de vida que levamos, se necesitas parar e descansar no Señor, poñerte á escoita de Deus e estar máis unido a El, convidámoste a que vivas estes

  • Onde terán lugar?

No Mosteiro de Santa María de Sobrado dos Monxes, en Sobrado (A Coruña)

  • Cando?

Do venres 14 de xuño (18:00h.)  ata o domingo 16 de xuño (16:00 h.)

  • Quen os dirixe?

O Padre Prior do mosteiro: Carlos Gutierrez Cuartango

  • Quen os organiza?

A Delegación do Laicado da Arquidiocese de Santiago de Compostela

  • Que me vou atopar?

Un ambiente de retiro espiritual, en silencio, con momentos de oración persoal e outros de oración comunitaria, Eucaristía, escoita da Palabra, contemplación, charlas e acompañamento espiritual: unha verdadeira experiencia de oración que busca afondar e enriquecer a nosa relación con Deus.

  • Canto hai que pagar?

O prezo pola pensión completa de ambos días é de 105 €.

Parellas: 80 €/persoa.

Estudantes e desempreados: 60 €

  • Que teño que levar?

Biblia, cuaderno, bolígrafo.

  • Como me inscribo?

Enviando unha mensaxe ao correo electrónico: laicosarchicompostela@gmail.com

Chamando ou enviando WhatsApp ao teléfono: 639938216 (Alfredo Losada).

Non esperes moito. As prazas son limitadas

ANÍMATE A VIVILOS!

O ENCONTRO CON DEUS É A ESPERANZA QUE NOn DEFRAUDA

Previous articlePresentación da Memoria 2023 de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela
Next articleCurso intensivo sobre “A arte de acompañar” e “A arte dunha vida sa”