Desde as delegacións de Pastoral Xuvenil, Vocacional e para as Universidades e a Cultura, ofrécennos un curso intensivo sobre “A arte de acompañar” e “A arte dunha vida sa”, baseado nos libros de Fabio Rosini, delegado da pastoral vocacional da diocese de Roma.
Trátase de recibir a formación para que logo poidámola replicar e dar á nosa mocidade e adultos nas nosas parroquias e grupos.
A formación será do 23-25 de xuño na Casa Diocesana de Exercicios Espirituais (Santiago de Compostela), podendo asistir sacerdotes, diáconos, seminaristas e laicos responsables (catequistas, axentes de pastoral etc.).
O curso dará comezo o domingo 23 de xuño ás 19.30h. En principio non se ofrecerá aloxamento, a non ser que alguén teña necesidade. Por tanto, o prezo do curso é de 50€ e inclúe a cea do domingo, a comida e cea do luns e a comida do martes. O prezo pódese ingresar na conta da delegación:
ES21 2080 0348 3530 0005 2547 Concepto: Cursos Fabio Rosini 2024 + Nome e apelidos Beneficiario: Arcebispado de Santiago de Compostela
Se queres participar podes encher o seguinte formulario de inscrición. Non te esquezas de traer a túa Biblia e material para tomar apuntamentos.
Para calquera dúbida, podes escribir a info@depasxuventude.com ou chamar ao 676 827 859 (Javi García).