Encentro de Vigairos Territoriais, Arciprestes e Delegados Diocesanos

O bispo auxiliar de Santiago de Compostela Mons. Francisco Prieto remitiu unha carta a todos os Vigairos Territoriais, Arciprestes e Delegados Diocesanos convocándoos a unha reunión o próximo 4 de febreiro na Casa de Exercicios Espirituais de Santiago.

A reunión, que estará presidida polo arcebispo compostelán mons. Julián Barrio, ten unha dobre finalidade. Por unha banda, realizar unha revisión dos obxectivos e accións do programa pastoral diocesano, e dos que cada arciprestado e delegación asumiu para este curso 2021-2022; e por outra banda, valorar que outras actividades das propostas no programa pastoral diocesano son posibles levar a cabo no que resta de curso.

 

Previous articleDavid Muñoz, coordinador de los jóvenes gallegos que ejercerán como voluntarios en la PEJ
Next articleMons. Francisco Prieto presidiu hoxe unha nova reunión da Comisión Diocesana do Ano Santo Compostelán