O arcebispo de Santiago d Compostela, mons. Franscisco José Prieto, participou esta tarde no pazo do Hórreo nunha xuntanza co presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices Vieira, co conselleiro de Cultura da Xunta, Román Rodríguez, e coa alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, para dar comezo aos trámites previstos na Lei 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, aprobada por unanimidade co respaldo de diferentes institucións e entidades.
Na xuntanza, celebrada a petición do presidente da Cámara, acordouse iniciar os trámites encamiñados constituír e rexistrar a Fundación Panteón de Galegas e Galegos, así como os referidos a que tanto a Arquidiocese como o Concello de Santiago cedan á futura Fundación o uso, respectivamente, da Igrexa de San Domingos de Bonaval e da parte do terreo público municipal imprescindible, dada a súa vinculación física con el.
Para acceder ao contido da Lei 5/2023, do 4 de agosto, do Panteón de Galegas e Galegos Ilustres, prema no seguinte enlace:
https://www.parlamentodegalicia.es/sitios/web/BibliotecaLeisdeGalicia/Lei5_2023.pdf