O arcebispo de Santiago monseñor Francisco Prieto presidiu a reunión do Comité Organizador Igrexa – empresarios, do seminario “Ética e IA. A IA cambia ou transforma a persoa?” que se celebrará os días 6 e 7 de novembro próximo no seminario maior.

O Seminario “Ética e IA” será presentado polo arcebispo a próxima semana, e reunirá a máis dun centenar de empresarios, profesionais e autónomos con primeiras figuras do pensamento e a tecnoloxía, coa intelixencia artificial no centro do debate.
Adela Cortina, Amparo Alonso, Teresa Rodríguez de las Heras, Senén Varro, Ulises Cortés, Ricardo Mejía, José Ramón Amor, Eladio Dapena e monseñor Prieto disertarán e debaterán sobre a nova ferramenta tecnolóxica que está chamada a marcar unha época no desenvolvemento humano.
Como afecta a IA á cognición das persoas, á educación, a formación, o desempeño profesional, o lecer, a xestión das empresas, a sociedade no seu conxunto, serán os temas a debate, cunha análise dos seus riscos e a súa regulación.
Monseñor Francisco Prieto presentará publicamente o programa o venres 24 de outubro, nunha comparecencia ante os medios xunto a Juan Vieites,  presidente da Confederación de Empresarios de Galicia.
O Seminario Ética e IA está patrocinado pola Xunta de Galicia, Deputación  da Coruña, ABANCA, a Confederación de Empresarios de Galicia CEG,  a Cámara de Comercio de Santiago e a colaboración de UMAS.
Previous articleCáritas Diocesana de Santiago e o Arcebispado firman un convenio para integrar unha vivenda de acollida en Lema, en Carballo, na rede de vivendas de atención da entidade
Next articleEncontro de mons. Francisco Prieto cos membros de Vida Ascendente