Don Julián asiste en Madrid á Permanente da Conferencia Episcopal Española

O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, asistirá mañá e o mércores á reunión que a Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española (CEE) celebrará na Casa da Igrexa, en Madrid.

Durante estes dous días os bispos traballarán sobre os seguintes temas:

– Posta en marcha do Itinerario do próximo Sínodo dos Bispos sobre o tema: “Por unha Igrexa sinodal: comuñón, participación e misión”.

– Información sobre a reunión mantida coas oficinas diocesanas ou provinciais de denuncias de abusos a menores.

– Revisión dos Regulamentos da Conferencia Episcopal Española.

– Estudo da actualización do documento “Normas básicas para a formación dos diáconos permanentes nas dioceses españolas”.

– Preparación da visita ad limina apostolorum dos bispos españois.

– Proxecto de estrutura e funcionamento do Comité de Estudos e Proxectos da CEE.

Os bispos da Comisión Permanente recibirán información sobre o Ano “Familia Amoris Laetitia”; a peregrinación a Santiago de Compostela con motivo do Ano Xubilar Compostelán; e o estado actual de Ábside (TRECE e COPE).

A orde do día inclúe tamén a aprobación do temario da próxima Asemblea Plenaria que será do 15 ao 19 de novembro. Os bispos tratarán sobre temas económicos e dialogarán sobre diversos asuntos de seguimento e aprobación de acordos.

Previous articleNovas instalacións dos servizos xerais de Cáritas Diocesana
Next articleO Nuncio falou na xornada de clausura do Congreso de Acollida Cristiá no Camiño sobre os retos pastorais da Igrexa española