Día grande no Santuario dos Milagres de Caión

Caión volveu vivir onte unha xornada marcada pola fe, a devoción e a tradición na festividade dos Milagres, unha cita que cada ano reúne a centenares de devotos arredor do Santuario dos Milagres, na costa da Laracha.
Desde primeira hora da mañá, os camiños que conducen ata a ermida foron escenario dunha peregrinación constante, con veciños da comarca e de distintos puntos de Galicia que acudiron a pé, en coche…
A media mañá, o tramo de estrada que enlaza Carballo con Caión mostraba un incesante desfile de peregrinos. Chalecos reflectores amarelos e laranxas, bastóns de apoio, rostros de cansazo e de ilusión compoñían un mosaico humano que avanzaba ao compás da fe.

 

Ana García

Mozos, maiores e familias enteiras compartiron o camiño, cada un coas súas intencións particulares: agradecementos, peticións, súplicas ou promesas cumpridas. “Cada un trae consigo as súas fraxilidades, dificultades e momentos complicados”, lembraba na súa homilía o arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto, encargado de presidir a eucaristía central.

Durante a misa, o arcebispo destacou a esperanza e a comunidade: “Non camiñar da vida non estamos sos (…). Que esta alegría se desbordee (…). Estamos hoxe contentos de estar aquí”.

A devoción aos Milagres de Caión non se limita ao día grande do 8 de setembro. Durante toda a semana, ata o domingo da baixada, o santuario continuará acollendo actos litúrxicos con misas programadas de maneira ininterrompida ao longo da xornada.

Previous article19S | Xornada Pastoral do Turismo
Next articleO colexio San Francisco cumpre 100 años: un século educando xeracións en Vilagarcía