Hoxe sábado 9 de marzo ás ás 16:00hs o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, acompañado do arcebispo emérito mons. Julián Barrio, así como doutros sacerdotes diocesanos e irmáns Carmelitas, presidiu unha Eucaristía de despedida Comunidade Relixiosa de Carmelitas Descalzas de Santiago de Compostela na igrexa do Carmen de Santiago.
As irmás non queren deixar de dar as máis sinceras grazas a todas as persoas que mostraron a súa proximidade, o seu afecto, os seus xestos de agarimo ao longo de tantos anos, así como por todas as mensaxes de apoio recibidos nas últimas semanas: “Levámonos algo de “morriña” de Santiago, pois o amor nunca pasa…pero seguir a Cristo é sempre ir ao descoñecido, El guíanos, El acompáñanos”.
Na homilía, o arcebispo de Santiago deu as grazas á Comunidade Relixiosa de Carmelitas Descalzas, pola súa presenza: “hoxe esta Igrexa diocesana, esta cidade aquí presente, esta comunidade crente, quérevos agradecer a vós e ás contemplativas que hoxe as acompañades. Grazas por ser esa profecía desconcertante para este mundo”, no que ás veces predomina máis o que máis grita e o que máis polariza”.
Mons. Prieto destacou a vida das irmás como “esa ofrenda silente, construída a través e vivida nas estancias seculares deste convento, onde seguramente o mellor relato non é tal que poidan facer os historiadores ou os biógrafos, que tamén sería importante que se faga, senón sobre todo desde aquela semente que puxo aquí a verdadeira nai María Antonia de Xesús, cando no século XVIII ponse como unha semente e constrúese esta comunidade ao longo dos séculos”. E engadiu “Esa presenza silente e contemplativa, orante, profética que estivo aquí acollendo o corazón de tantos que se achegaron ata aquí pedindo quizais unha oración de súplica ou dando grazas e poñendo diante de Deus”.
O prelado compostelán destacou que a vida relixiosa, os seus laicos, grupos e movementos é unha rica expresión de la Igrexa: “Nesa vida que se fixo claustro, que se fixo convento, que se fixo cela, que se fixo refectorio, que se fixo oración, que se fixo Eucaristía… a final de contas, como a pequenos regatos, polo que discorreu e discorre esa vida de Dios, esa presenza pacífica vosa entre nós”.
Finalmente mons. Francisco Prieto dirixiuse aos Irmáns Carmelitas Contemplativos que seguirán de agora en diante o culto á Santísima Virxe neste convento: “Vides a esta igrexa e aquí recibímosvos e acollémosvos para que tamén a vosa presenza nesa espiritualidade do Carmelo o que vai pervivir aquí porque estariades vós custodiándoa tamén. Non custodiades soamente unha memoria histórica, un edificio secular, non custodiades soamente unhas pedras que hai que conservar ou unha memoria que hai que preservar”.