Ás 11 da mañá comezaba na Catedral de Lugo a cerimonia da Ofrenda do Reino de Galicia ao Santísimo Sacramento, que se celebra na oitava de Corpus desde 1669. Este ano correspondíalle á cidade de Mondoñedo a presentación desta Ofrenda
O Bispo da diocese de Mondoñedo-Ferrol, Mons. Fernando García Cadiñanos, presidiu a Eucaristía na que concelebraron os bispos das dioceses galegas e o Bispo de Astorga. Acompañaron ao oferente, o alcalde de Mondoñedo, Manuel Ángel Otero Legide, os alcaldes e representantes das sete cidades do antigo Reino de Galicia; así como outras autoridades civís e militares.
Na súa intervención o oferente pedía ao Santísimo: “que manteñas presente en nós a importnacia da memoria colectiva e a cohesión social, tantas veces posta en dúbida por intereses particulares. Como xa sinalara por mor dos conflitos bélicos e sociais existentes, que o diálogo sexa ou motor deste camiño, e a paz o obxectivo a conseguir”
Texto Intervención alcalde de Mondoñedo Ofrenda Reino Galicia
Audio Intervención Alcalde Mondoñedo_ Ofrenda Reino Galicia
Na súa resposta, o bispo de Mondoñedo Ferrol, Mons. Fernando García Cadiñanos, sinalaba: “Acudimos a este templo sentíndonos peregrinos que vimos de diferentes lugares e que necesitamos alimentarnos no noso camiñar pola vida. A certeza do noso camiñar é e convértese nunha forma de vida, nunha espiritualidade, nunha maneira de relacionarse” “Facémolo sentíndonos pobo, comunidade cunha historia e identidade común, que nos vincula e nos une. É fermosos descubrirse como pobo que ten a súa identidade en elementos materiais pero tamén noutros inmateriais aos que o señor oferente facía mención. Elementos intanxibles pero fundamentais para a convivencia que habemos de saber transmitir. A estes elementos corresponde a festa que nos vincula ás sete cidades do Reino de Galicia e ás cinco dioceses galegas. Precisamente a Eucaristía convértese así no que é: sacramento de unidade. Na diversidade e pluralidade das nosas cidades, na riqueza do que somos e como nos expresamos, atopamos a unidade de sentirnos irmáns ao redor da mesa eucarística a que o Señor nos convoca”.
Texto homilía Bispo de Mondoeñdo-Ferrol Ofrenda Reino Galicia
Audio homilía Bispo Mondoñedo-Ferrol Ofrenda Reino de Galicia