Esta semana, o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, asistiu a unha cea en honor de Alfred Sonnenfeld, neurobiólogo, sacerdote, teólogo e antropólogo. Tamén estiveron presentes Fernando Barros, ecónomo da Diocese de Santiago; Luis Peleteiro, director do Colexio Peleteiro; Diego Peleteiro, directivo do colexio; Carlos Álvarez, reitor do Seminario Maior; Xaime Leiro, director de El Correo Gallego; Rafael Gómez, profesor da área de Bioloxía do Colexio Peleteiro, e Manuel Vila, profesor da área Psicoloxía deste mesmo centro.
Previamante, Alfred Sonnenfeld deu unha charla sobre a felicidade no Colexio Manuel Peleteiro.