Hoxe, sábado 22 de febreiro, o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, recibiu en audiencia os integrantes do Consello Superior do Exército (CSE) nas dependencias do Pazo arzobispal.
O Consello Superior do Exército, órgano colexiado con funcións asesoras e consultivas do ministro de Defensa, aproveitou a súa presenza en Galicia para este importante encontro. O Consello estivo encabezado polo xeneral do exército Amador Enseñat e Berea, Xefe de Estado Maior do Exército (JEME), e contou tamén coa participación do xeneral Marcial González Prada, Xefe do Mando de Apoio á Manobra (MAM), entre outros altos mandos.
Os Consellos Superiores do Exército de Terra, da Armada e do Exército do Aire desempeñan funcións asesoras e consultivas para o ministro de Defensa e o Xefe de Estado Maior do Exército. Así mesmo, teñen competencias en áreas como ascensos, avaliacións e cursos de capacitación. O Consello está presidido polo JEME e composto polos tenentes xerais do Exército de Terra en situación de servizo activo, que exercen como vogais. Na actualidade, o Consello Superior do Exército está integrado por 15 membros.
