Acto de inicio do servizo pastoral dos novos delegados e directores de departamentos da Arquidiocese

O Arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, presidiu o acto de xuramento.
A Diocese de Santiago reorganiza a súa estrutura
A sede do Arcebispado de Santiago acolleu no día de hoxe, 15 de decembro, o acto de inicio do servizo pastoral dos novos delegados e directores de departamentos, coa presenza dos membros do Consello Episcopal: o Arcebispo, o Vigairo Xeral, os Vigairos episcopais e o Secretario Chanceler do Bispado.
Tras un momento de oración, mons. Francisco José Prieto Fernández dirixiuse a todos os que hoxe se incorporaban a unha responsabilidade diocesana nos distintos ámbitos da realidade pastoral, facéndonos eco daquelas palabras de Xesús: “Ide e anunciade o Evanxeo”: “o anuncio do Evanxeo da Boa Noticia ten que ser sempre unha resposta que chegue ao corazón de cada home e muller de todo tempo.” O Arcebispo agradeceu aos novos delegados e directores a súa dispoñibilidade e xenerosidade por responder a esa invitación do Señor e indicoulles que non é unha opción ad intra, senón que os convidou a comprometerse e a procurar unha presenza significativa e transformadora conforme aos valores do Evanxeo.
Con estas incorporacións, o Arcebispo convida os diocesanos, tal como o expresou na Carta pastoral con motivo do Advento, a unha renovación pastoral da Arquidiocese. O futuro diocesano depara importantes retos. Nesta liña enténdese a remodelación dalgunhas delegacións de pastoral, a creación de novos departamentos e os nomeamentos que agora se fan públicos.
Mons. Prieto anima a camiñar xuntos, a que a sinodalidad non sexa unha palabra de moda, senón que vaia calando na pastoral ordinaria, empezando polos nomeamentos e estruturas de traballo. Por iso estase intentando que cada delegación traballe en rede con outras afíns en proxectos compartidos e que ao redor de cada delegado haxa un equipo que poida desenvolver os seus obxectivos ao servizo de la Igrexa diocesana. Estes equipos de traballo iranse configurando paulatinamente a partir de agora.
Nesta liña de traballo en común créase un Departamento para a Pastoral da Estrada dentro da Delegación para a Pastoral do Turismo e un Departamento para as Persoas Maiores vinculado á Delegación para a Familia e a Vida.
Tal e como destacou na Carta Pastoral de Advento, o Arcebispo entende que é prioritario o Primeiro Anuncio, polo que se crea esta delegación que ten un carácter transversal con todas as demais.
Seguindo as orientacións dos últimos documentos pontificios tamén se crea a Delegación para o Servizo do Desenvolvemento Humano Integral, que incluirá os departamentos para a Pastoral da Saúde, Ecoloxía Integral e Semanas Sociais.
Outra novidade é a reorientación que se lle dá á Delegación de Pastoral Vocacional que, seguindo os criterios da Conferencia Episcopal Española de traballo conxunto entre as comisións episcopais de Clero, Vida Consagrada, Laicos, Familia e Misións, axudará a que se entenda a vocación non só orientada ao ministerio ordenado, senón como unha resposta de todo bautizado á chamada de Dios á santidade.
Desta maneira, e á espera dalgúns nomeamentos máis no futuro, vivamos todo desde a continuidade e a renovación, conscientes de que os cambios nos esixen a todos unha conversión persoal e pastoral. Sen esta conversión, pode ser que os cambios non cambien nada.
Os responsables das delegacións episcopais recibiron por escrito o seu nomeamento e iniciarán o seu servizo pastoral facendo pública Profesión de fe e Xuramento de Fidelidade ao Bispo e á Igrexa no cumprimento das súas responsabilidades e funcións.
A continuación, a listaxe completa dos novos delegados episcopais e responsables de departamentos.
1. Delegación episcopal para o Clero: Rvdo. Sr. D. Víctor Manuel Blanco Naveira (delegado), Rvdo. Sr. D. Rubén Aramburu Molet (vicedelegado Vigairía da Coruña), Rvdo. Sr. D. Calixto Cobo Franco (vicedelegado Vigairía de Pontevedra)Departamento para o Diaconado Permanente: D. Rafael Carlos Casás Salgado (director)
2. Delegación episcopal para o Ecumenismo e o Diálogo interreligioso: Rvdo. Sr. D. José Antonio Seoane Ares (delegado).
3. Delegación episcopal para o Primeiro Anuncio: Rvdo. Sr. D. Javier García Rodríguez (delegado).
4. Delegación episcopal para as Peregrinacións e Camiños de Santiago: Rvdo. Sr. D. Ricardo Vázquez Freire (delegado).
5. Delegación episcopal para Santuarios e Piedade Popular: Rvdo. Sr. D. Daniel Pérez Méndez (delegado).
6. Delegación episcopal para as Misións: Dª Fátima Noya Varela (delegada).
7. Delegación episcopal de Liturxia: Ilmo. Sr. D. Elisardo Temperán Villaverde (delegado), D. Rafael Carlos Casás Salgado (vicedelegado). Departamento para a Causa dos Santos: Rvdo. Sr. D. Carlos Miramontes Seijas (director).
8. Delegación episcopal de Cáritas Diocesana: Rvdo. Sr. D. Santiago Fernández González (delegado), Dª Pilar Farjas Abadía (directora).
9. Delegación episcopal para o Servizo do Desenvolvemento Humano Integral: D. José Ramón Amor Pan (delegado).
10. Delegación episcopal para a Pastoral do Turismo: Rvdo. Sr. D. Juan Ventura Martínez Reboiras (delegado). Departamento para a Pastoral da Estrada: Rvdo. Sr. D. Rubén Diéguez Gutiérrez (director).
11. Delegación episcopal para o Laicado: D. Alfredo Losada Suárez (delegado).
12. Delegación episcopal para a Pastoral Vocacional: Rvdo. Sr. D. Juan José Bermúdez Abuín (delegado).
13. Delegación episcopal para a Familia e a Vida: Dª. Ana Robles González e D. Antonio Gutiérrez González (delegados).
14. Departamento para as Persoas Maiores: Dª María del Rosario Coroa Manzanedo (directora).

 

Previous articleSantiago de Compostela acollerá a XXVII edición da exposición Las Edades del Hombre
Next articleReparto da Luz da Paz de Belén