A Arquidiocese de Santiago celebrará o vindeiro sábado 30 de maio unha nova reunión da Coordinadora Diocesana de PJUV, o organismo que integra a pastoral de infancia e mocidade, universidades e vocacional. O encontro terá lugar na Casa de Exercicios de Santiago, en horario de 10.30 a 14.00 horas.
A convocatoria está dirixida a representantes das distintas zonas pastorais e arciprestados da diocese, así como a responsables de movementos xuvenís, asociacións, congregacións relixiosas e proxectos pastorais vinculados ao traballo coa mocidade.
Segundo informa a organización, a xornada servirá para avaliar as actividades e experiencias desenvolvidas nos últimos meses e avanzar na planificación pastoral do próximo curso. A reunión busca ademais reforzar a coordinación entre os distintos axentes que traballan no ámbito xuvenil dentro da diocese compostelá.
As persoas interesadas en participar poderán formalizar a súa inscrición a través do formulario habilitado pola organización:
Para resolver dúbidas ou solicitar máis información, A Delegación de Mocidade facilitou o correo electrónico juventud@archicompostela.org e o teléfono 676 827 859, correspondente ao delegado diocesano Javier García.







