O programa Companio, impulsado por Raiña, foi galardoado na categoría de persoas maiores, discapacidade e dependencia. Esta iniciativa está dirixida a persoas maiores que viven en situación de soidade nos concellos de Vilasantar, Curtis e Mesía, ofrecéndolles compañía, apoio emocional e unha rede humana que combate o illamento.
Enrique, membro da asociación, recolleu o premio acompañado de Carmen, de 95 anos, e Milagros, de 88, tres das primeiras participantes do programa, ás que definiu como “as que con valentía lle deron forma e vida a Companio”. Visiblemente emocionado, cualificou o recoñecemento como “vida para esta familia de corazón”.
O acto contou, ademais da presenza do presidente da Asociación Raiña Paraíso, Víctor Blanco Naveira, cunha participación especialmente significativa: a do Arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, que quixo sumarse á celebración como un membro máis desta gran familia de Raiña.
A xornada culminou cunha bendición ao equipo por parte do prelado compostelán na igrexa de San Nicolás, nun momento de agradecemento á divindade e á “Raiña do Ceo”.
O premio reafirma a importancia de iniciativas comunitarias que poñen no centro ás persoas, especialmente ás máis vulnerables, e consolida a traxectoria da Asociación Raiña Paraisa como referente no eido dos servizos sociais da provincia.
,
o referente no eido dos servizos sociais da provincia.






