Reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago, na que participou por primeira vez o novo auxiliar compostelán

O Arcebispado de Santiago acolleu hoxe unha nova reunión dos bispos da Provincia Eclesiástica de Santiago. O encontro foi presidido polo arcebispo, monseñor Julián Barrio, e por primeira vez asistiu á sesión de traballo o novo bispo auxiliar compostelán, monseñor Francisco José Prieto.

Estiveron presentes o bispo de Tui-Vigo, monseñor Luís Quinteiro Fiuza; o de Lugo, monseñor Alfonso Carrasco Rouco; e o administrador diocesano da Diocese de Mondoñedo-Ferrol, Antonio Valín Valdés. Non puxo asistir o bispo de Ourense, monseñor Leonardo Lemos Montanet.

No encontro celebrado no Arcebispado compostelán tratáronse asuntos de interese común para as dioceses galegas. Tamén estaba presente o secretario da Provincia Eclesiástica de Santiago, o sacerdote José Andrés Fernández Farto.

Previous articleMonseñor Barrio presidiu a Eucaristía na que varios seminaristas recibiron os ministerios de Lector e Acólito
Next articleCarta Pastoral. Jornada mundial de Comunicaciones 2021