Estamos no Ano da Oración, un ano cheo de oportunidades para deixarnos transformar polo Señor. Para iso, como nos están instando os nosos pastores, o Papa e o noso arcebispo D. Francisco Prieto:
Necesitamos recuperar o desexo de estar co Señor: de escoitalo e adoralo. Fronte ás urxencias cotiás, debemos deternos nunha oración de escoita da Palabra que nos leve á acción
Xesús vénnos ao encontro hoxe, este hoxe que estamos a vivir, pero necesitamos entrar en diálogo con El, facer unha paréntese nas obrigacións e esixencias da nosa vida cotiá, estar un tempo connosco mesmos e con Deus, orando e meditando nun clima de silencio.
Unha boa oportunidade para facelo ofrécennola desde a Delegación do Laicado da nosa diocese compostelá que nos convidan a participar e vivir este RETIRO de PASCUA, titulado “TRANSFIGURACIÓN” baseado na Espiritualidade do Pai Ignacio Larrañaga, fundador dos Talleres de Oración e Vida (TOV) e dirixido por CARDEIRO.
Este retiro, onde contemplaremos a Transfiguración como manifestación da gloria de Deus, prepáranos en 4 aspectos:
1. Oración Persoal como a facía Xesús
2. Humildade como María, como Xesús
3. Fraternidade ou Disposición ao Servizo
4. Autocrítica para analizar o noso camiñar á luz da figura de Xesús
Terá lugar o sábado 20 de abril de 2024, de 10:00 a 20:00 h., no Mosteiro de Santa María de Armenteira,
Inclúe xantar (prezo 12 €) e é necesario traer Biblia, caderno e bolígrafo
SON PRAZAS LIMITADAS.   Hai que inscribirse antes do 17 de abril na seguinte ligazón
Más información: D. Alfredo Losada ( Tel: 639938216)
Previous articleNoite por Cristo en Santiago | Delegación para as Universidades e a Cultura
Next articleEncontro Diocesano de Nenos e familias 2024