Hoxe pola mañá, na Residencia A Nosa Señora das Virtudes en Pontedeume, tivo lugar unha emotiva cerimonia presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Francisco Prieto Fernández. Durante a celebración da Santa Misa, Sor Carmen de Santa Francisca Rodríguez Lorenzo renovou os seus votos en ocasión das súas Vodas de Diamante, conmemorando 75 anos de vida relixiosa.
A cerimonia contou coa presenza de varias Hermanitas dos Anciáns Desamparados, provenientes de diferentes casas, que se uniron para acompañar a Sor Carmen neste significativo evento. Tras a Misa, o arcebispo compartiu un momentos amenos coas relixiosas.
A congregación das Hermanitas dos Anciáns Desamparados é unha institución relixiosa de dereito pontificio fundada o 27 de xaneiro de 1873 polo venerable Saturnino López Novoa e Santa Teresa Jornet. Desde a súa fundación, dedicaron a súa vida ao coidado dos anciáns máis necesitados, seguindo o legado dos seus fundadores.






