O arcebispo preside o funeral polos falecidos no accidente do autobús en Cerdedo-Cotobade

O arcebispo de Santiago, Francisco José Prieto Fernández, presidiu onte o funeral aniversario polos sete falecidos no accidente de autobús ocorrido na Noiteboa do 2023 en Cerdedo-Cotobade, cando o vehículo se precipitou desde o viaduto de Pedre ao río Lérez.

O funeral celebrouse ás cinco da tarde na igrexa parroquial de San Xoán Bautista de Cerdedo e contou coa asistencia, entre gran emoción e mostras de dor, de achegados e familiares das vítimas, ademais de numerosos veciños.

Previous articleSolemne Profesión de Fe e Promesas de Ignacio José Delgado
Next articleFelicitación de Nadal do Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco J. Prieto Fernández