Confiado na túa Palabra, Señor
Máis que un escudo segundo as normas tradicionais da heráldica, pretende transmitir unha idea exclusivamente eclesial. No cuartel en azur unha barca da que pende unha rede; unha estrela co anagrama de María, Nai de Dios e de la Iglesia, lanza a súa luz en prata iluminándoa. O lema explica o simbolismo do escudo: In verbo tuo, Dómine, “Confiado na túa Palabra, Señor”. Cobre o escudo o timbre propio dos Arcebispos Metropolitanos: Capelo verde con dez borlas caendo a cada lado e a Cruz de dobre brazo horizontal. A barca sempre simbolizou á Igrexa na súa camiñar pola historia azoutada polos ventos, símbolo das correntes contrarias a ela e ao Reino de Dios. Pero ela marcha confiada unicamente na Palabra de Dios, evocando a escena que nos conta San Lucas no capítulo 5 versículos 1 ao 11 do seu evanxeo.