O Museo de La Voz de Galicia acolleu este xoves a entrega do Premio Fernández Latorre, un dos galardóns máis veteranos do ámbito xornalístico e social galego, que na súa edición número 67 distinguiu a Fernando González Laxe, catedrático emérito de Economía Aplicada da Universidade da Coruña e presidente da Xunta de Galicia entre os anos 1987 e 1990.
O acto reuniu a máis de duascentas persoas procedentes de distintos ámbitos da vida pública galega, como a empresa, as finanzas, a xustiza, a política, a cultura e o deporte, entre as que se atopaba tamén o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
O Premio Fernández Latorre, instituido en memoria do fundador de La Voz de Galicia, recoñece cada ano traxectorias relevantes nos ámbitos social, económico, político e cultural, subliñando a importancia do diálogo e do compromiso co ben común na sociedade galega.







