Con data do 18 de agosto de 2025, o Excmo. e Rvdmo. Sr. Arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. D. Francisco José Prieto Fernández, fai públicos os seguintes nomeamentos e ceses. Os novos párrocos, administradores parroquiais, vigairos parroquiais e adscritos tomarán posesión dos cargos encomendados a partir do 1 de setembro. Unha vez tomada posesión do cargo, cesarán nos seus cometidos anteriores, agás indicación en contrario.
- PÁRROCO de SAN MIGUEL DOS AGROS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, no Arciprestado de Iria Flavia e Santiago, o M. I. Sr. Don Carlos Álvarez Varela.
- PÁRROCO de SAN FROITOSO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA, no Arciprestado de Iria Flavia e Santiago, o Ilmo. Sr. Don Víctor Suárez Gondar.
- PÁRROCO da Unidade Pastoral formada polas parroquias de NOSA SEÑORA DA PIEDADE DE VILA DE CRUCES con SAN PEDRO DE CUMEIRO; SAN TOMÉ DE ÍNSUA; SAN XOÁN DE LARAZO con SANTA MARÍA DE ARNEGO; SAN MAMEDE DE LOÑO e SANTA MARÍA DE OIRÓS, no Arciprestado de Ferreiros e Sobrado, o Rvdo. Sr. Don Rubén Budiño Carreira. Cesará do seu oficio nas anteriores parroquias.
- PÁRROCO da Unidade Pastoral formada polas parroquias de MUROS DE SAN PEDRO, SAN XOÁN DE SERRES e a súa unida, SAN MIGUEL DE SESTAIO, e SAN XIAN DE TOREA, no Arciprestado de Céltigos e Entíns, o Rvdo. Sr. Don Edwin Alexander Bautista Castellanos. Cesará do seu oficio nas anteriores parroquias.
- PÁRROCO de SANTAIA DE CURTIS (Teixeiro), NOSA SEÑORA DE LURDES DE CURTIS, SANTA MARÍA DE FISTEUS, SANTA MARÍA DE FOXADO e da súa axuda de parroquia SANTIAGO DE PARADELA, no Arciprestado de Ferreiros e Sobrado, o Rvdo. Sr. Don Callistus Chibiedere Nwoye. Cesará do seu oficio nas anteriores parroquias.
- PÁRROCOS IN SOLIDUM da Unidade Pastoral de BETANZOS, integrada polas parroquias de SANTA MARÍA DE BETANZOS; SANTIAGO DE BETANZOS e a súa unida, SAN MARTIÑO DE BRABÍO; SANTIAGO DE REQUIÁN e a súa unida, SANTO ESTEVO DE PIADELA; e SAN MARTIÑO DE TIOBRE, os Rvdos. Sres. Don Mario Cotelo Felípez e Don Mateo Aguado Domínguez, conservando os seus anteriores encargos pastorais. Actuará o primeiro como moderador.
- ADMINISTRADOR PARROQUIAL de SAN LOURENZO DE VILARRASO, no Arciprestado de Betanzos, o Rvdo. Sr. Don Callistus Chibiedere Nwoye.
- VICARIO PARROQUIAL de SAN XOÁN BAUTISTA DE CAMBEDA, SAN MARTIÑO DE CASTRELO, SANTA MARÍA DE MUXÍA e SAN VICENZO DE VIMIANZO e a súa unida, SAN XOÁN DE CALO, no Arciprestado de Soneira e Nemancos, o Rvdo. Sr. Don William Mora Vega, con autorización do seu Rvdmo. Ordinario. Cesará do seu oficio nas anteriores parroquias.






