Mons. Prieto participa en Madrid nas comisións diocesanas para o sostemento da Igrexa

O arcebispo electo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, participou este xoves nas II Xornadas de traballo coas comisións diocesanas para o sostemento da Igrexa que tiveron lugar en Madrid o 18 e o 19 de maio. Mons. Prieto interveu nunha mesa redonda sobre os “Avances en España: unha mirada desde as dioceses”

Nesta Xornadas presentáronse tamén algunhas ferramentas para o traballo coas parroquias, entre elas, un programa piloto sobre corresponsabilidade parroquial. Ademais, adiantáronse dúas novas iniciativas: uns premios de boas prácticas de experiencias corresponsables en dioceses e parroquias e o financiamento de proxectos.

 

Previous articleEmotivo homenaxe a D. Julián
Next articleMons. Prieto celebra na Parroquia de Os Rosais os 50 anos sacerdotais do seu párroco