Misa polas vítimas de abusos este sábado na igrexa de Santo Agostiño de Santiago

A Arquidiocese de Santiago súmase á Xornada de Oración e Penitencia polas Vítimas de Abusos, que a Igrexa en España celebra cada 20 de novembro, coincidindo co Día Universal dos Dereitos do Neno.

Con tal motivo o arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, presidirá mañá, sábado 21 de novembro, ás 19.30 horas, unha eucaristía na igrexa compostelá de Santo Agostiño invitando á oración.

Previous articlePreto de 25 persoas migrantes reciben en Santiago os diplomas dos cursos de lingua e cultura galega impulsados por Cáritas
Next articleA Real Federación Española de Fútbol ofrece a Copa do Mundo ao Apóstolo Santiago