Inicio do ministerio pastoral en Muxía

Daniel Turnes Rey iniciou o seu ministerio pastoral como párroco de Santa María Muxía e reitor do Santuario de Nosa Señora da Barca, no Arciprestado de Nemancos e termo municipal de Muxía; e José Antonio Conde Silvoso como vigairo parroquial de San Vicenzo de Vimianzo, o seu unido, San Xoán de Calo, e San Xoán Bautista de Cambeda no Arciprestado de Soneira; San Martiño de Castrelo no Arciprestado de Duio; e Santa María de Muxia no Arciprestado de Nemancos.
Na tarde de hoxe domingo, Festividade da Santísima Trindade,o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presentou os novos sacerdotes que pastorearán estas comunidades. Na Eucaristía, celebrada no Santuario de Nosa Señora da Barca de Muxía, mons. Prieto estivo acompañado polo vigairo territorial de Santiago Juan González Redondo, un grupo numeroso de sacerdotes, así o alcalde de Muxía, a alcaldesa de Vimianzo, outras autorides e fregueses vindos de varias parroquias.
Na homilía, chea connotacións marianas, o arcebispo destacou que todos os cristiáns son enviados e convocados a dar testemuño do Evanxeo, como a gran familia de fillos de Deus, baixo a mirada e a presenza maternal da Virxe María. Mons. Prieto convidou tamén os presentes a vivir en fraternidade e en liberdade para acoller a Deus, e a mirar cara a adiante para abrir camiños de vida, de dignidade, de paz, de xustiza…
Ao termo da Eucaristía, José Antonio Conde dirixiuse aos fregueses para confesarse un gran devoto da Virxe María e ofrecerse para axudar en todo o que necesiten.
Daniel Turnes agradeceu ao arcebispo por confiar nel para este novo proxecto que inicia, ao anterior párroco, aos Padres Guanelianos que estiveron axudando esta Parroquia, aos colaboradores, familiares… e pediu aos fregueses: oración, paciencia e unión.

Previous articleConfirmacións na Parroquia de Nª Sª do Carme en A Coruña
Next articleXornadas de economía, sostemento e transparencia