O arcebispo de Santiago acompañou o xesuíta Daniel Cuesta na presentación do seu novo libro "Relixiosidade popular"

O arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto Fernández acompañou esta tarde, na Librería Egeria, ao xesuíta Daniel Custa na presentación do seu novo libro “Relixiosidade popular. Lugar teolóxico para a nova evangelización”.
O xesuíta Daniel Custa publicou un novo libro con Sal Terrae  “Relixiosidade popular, lugar teolóxico para a nova evanxelización” onde reflexiona sobre a dignidade teolóxica da que goza a expresión da relixiosidade popular e ofrece as claves para poder vivir e acompañar pastoralmente. O título fai súas as palabras do papa Francisco na exhortación Evangelii gaudium: «A relixiosidade popular é un lugar teolóxico ao que debemos prestar atención, particularmente á hora de pensar a nova evangelización» (n. 126). Ao longo do libro, debulla esta realidade eclesial co fin de que sexa «plenamente valorada, acollida, catequizada», como destaca no prólogo o reitor de la Iglesia Nacional Española de Santiago e Montserrat en Roma, o sacerdote valenciano José Jaime Brosel Gavilá.
Daniel Custa escribe este libro despois da súa formación en Historia da arte, Humanidades e Teoloxía publicando diferentes artigos e libros relacionados coa pastoral, a arte e a Semana Santa. Os libros da editorial Mensaxeiro.
A procesión vai por dentro e Luces e sombras da relixiosidade popular son froito de todo este traballo académico e vivencial. Neste último libro o seu achegamento e a súa reflexión ao redor da relixiosidade popular contén un achegamento desde «a cabeza (grazas á súa importante bagaxe intelectual), o corazón (pois penetrou nela desde a súa infancia, da man dos seus maiores) e o espírito (pois este ámbito foi de gran importancia na súa persoal vivencia de fe)». Non é só reflexión, senón que atopa palabras para «escoitar o corazón do noso pobo e, no mesmo acto, o corazón de Deus», como dicía o papa Francisco.
Parte de que na entraña da relixiosidade popular hai moito máis que folclore ou cultura, ou unha procura dunhas orixes ou dunha pertenza local no medio dun mundo cada vez máis tecnolóxico e globalizado. «Podemos atopar tanto o desexo de revelación dun Deus que busca comunicarse co home, como a procura da transcendencia, do relixioso e, en definitiva, do Deus de Xesucristo, por parte de quen vive nun ambiente máis ou menos secularizado e, por que non dicilo, tamén de nós mesmos».
Previous articleXXV Aniversario das Auxiliares Parroquiais na Arquidiocese de Santiago
Next articleO arcebispo presidirá a Santa Misa na que varios seminaristas serán instituídos lectores e acólitos