Carta Pastoral do arcebispo de Santiago con motivo da Xornada Nacional de Mans Unidas

Xornada Nacional de Mans Unidas
Campaña contra a fame
8 de febreiro de 2026
Declara a guerra á fame

Nesta Xornada de Mans Unidas, a Igrexa diocesana eleva a súa voz e o seu corazón ante unha das feridas máis dolorosas do noso mundo: a fame que padecen millóns de persoas. Non é só unha carencia de alimentos; é unha negación da dignidade humana, unha inxustiza que clama ao ceo e que interpela directamente á nosa fe.

Seguen ecoando con forza profética aquelas palabras de san Paulo VI que nos lembran que o desenvolvemento é o novo nome da paz, pois “a paz non se reduce a unha ausencia de guerra, froito do equilibrio sempre precario das forzas. A paz constrúese día a día, na instauración dunha orde querida por Deus, que comporta unha xustiza máis perfecta entre os homes” (Populorum progressio 76).

A Sagrada Escritura é clara e esixente. Deus escoita o clamor do pobre e nos convida a non permanecer alleos ou indiferentes (cf. Francisco, Evangelii Gaudium 187-192): “Cando haxa entre os teus un pobre, entre os teus irmáns, nunha das túas cidades, na terra que che vai dar o Señor, o teu Deus, non endurezas o teu corazón nin peches a túa man ao teu irmán pobre” (Dt 15,7). E a carta de Santiago nos advirte con palabras contundentes: “Se un irmán ou unha irmá andan espidos e faltos do alimento diario e un de vós lles di: «Ide en paz, abrigádevos e saciádevos», pero non lles dá o necesario para o corpo, de que serve?” (Sant 2,15-16).

O lema deste ano, “Declara a guerra á fame”, convídanos a unha decisión firme, persoal e comunitaria, contra as causas que xeran pobreza, exclusión e desigualdade. É unha chamada a pasar da indiferenza á compaixón activa, da esmola ocasional ao compromiso sostido. Bieito XVI, en Caritas in veritate, subliñou que o dereito á alimentación é inseparable do dereito á vida, e que “dar de comer ao famento é un imperativo ético para a Igrexa enteira” (n. 27). Recentemente, na sede da Organización das Nacións Unidas para a Alimentación e a Agricultura (FAO), o Papa León XIV afirmou que “acadar a Fame Cero só será posible se existe unha vontade real para iso, e non unicamente solemnes declaracións” (Discurso na FAO, 16 de outubro de 2025).

Desde a nosa diocese, queremos unirnos a esta xornada non só con palabras, senón con xestos concretos: a oración sincera, a sensibilización das nosas comunidades, o apoio xeneroso aos proxectos de Mans Unidas e un estilo de vida máis sobrio e solidario. Cada Eucaristía que celebramos nos compromete, porque non podemos partir o Pan da vida e pechar os ollos ante quen non teñen pan para vivir: a Eucaristía impulsa a todo o que cre nel a facerse “pan partido» para os demais e, por tanto, a traballar por un mundo máis xusto e fraterno” (Bieito XVI, Sacramentum caritatis 88). As palabras de San Xoán Crisóstomo sobre a xustiza social comentando o Evanxeo de Mateo, e que o papa León XIV recolle en Dilexi te 41, apélannos a ver a Cristo nos pobres como o atopamos no altar: “De que serviría, á fin e ao cabo, adornar a mesa de Cristo con vasos de ouro, se El morre de fame na persoa dos pobres? Primeiro dá para comer ao que ten fame e logo adorna a súa mesa co que sobra”.

Agradecendo a dispoñibilidade e entrega dos voluntarios e colaboradores de Mans Unidas, pidamos que o Señor nos conceda un corazón semellante ao seu, capaz de compaixón e de entrega. Que María Nai, humilde servidora, nos ensine a recoñecer a Cristo nos famentos do noso tempo e a “declarar a guerra á fame” coa forza do Evanxeo, que é sempre amor feito servizo.

Coa miña bendición e gratitude polo voso compromiso.

Francisco José Prieto Fernández
Arzobispo de Santiago de Compostela

Carta Pastoral Mans Unidas 2026 (PDF)

Previous articleA Catedral de Santiago celebrou a Xornada da Vida Consagrada cunha chamada a vivir a fe como don e entrega
Next articleBoletín oficial de xullo-setiembro (2025)